Wednesday 24 de April de 2024

Bergondo abre o prazo de inscrición nos seus programas de conciliación para verán e o próximo curso


· O último día para presentar solicitudes é o 10 de xuño ás 23:59 horas.

· As persoas interesadas poderán anotarse só na opción estival ou facelo tamén na do próximo curso.

O Concello de Bergondo abriu o prazo para inscribirse nos seus programas de conciliación para a tempada de verán e o próximo curso escolar 2022/2023, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. As persoas interesadas poden presentar solicitudes ata o 10 de xuño ás 23:59 horas.

No caso da opción da tempada estival, levará a cabo os días 27, 28, 29 e 30 de xuño e todos os días laborables dos meses de xullo e agosto, sempre n horario de 8 a 15 horas. Consta de actividades deportivas, manualidades, informática, inglés, teatro, saúde, sensibilización en igualdade, primeiros axuilios e reforzo educativo.

En canto ao programa para o curso escolar 2022/2023, que se divide en madrugadores e tarde, o número de prazas por servizo é de 12 por grupo para cada quenda.

As solicitudes poden presentarse vía correo electrónico en educacion@bergondo.gal, vía formulario na web municipal, vía telemática a través da sede electrónica e tamén presencialmente de 9 a 14:30 horas na Casa da Cultura. Poderase aplicar redución de cotas no caso de familias numersoas, persoas rexistradas no programa de voluntariado, aquelas que se consideren desfavorecidos por parte da área de Benestar Social e outras familias de especial consideración valoradas pola mesma área.